Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

¡Vamos por 12!

¡Xa vamos por 12 libros! ¡Qué ilusión cada vez que movemos o contador ou pegamos un pauciño na nosa cinta do reto colectivo! Moitas grazas polo acollimento e pola ilusión e participación.  

¡O reto individual xa está en marcha!

  ¿Ti xa tes o teu pasaporte do reto individual? Senón é así pásate pola biblio a polo teu. ¿En qué consiste? Para participar no premio só precisas ler unha novela, un cómic ou álbum ilustrado, unha obra de teatro, un libro de poesía e un libro informativo. Cada vez que termines un deses libros, ao devolvelo, pide que te selen o teu pasaporte. Cando teñas os 5 selos serás un dos beneficiarios do premio. ¡Así de fácil!

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!