Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS 4º ENTREGA

   Mirade que cuarta entrega da saga Mochilas viaxeiras, todas unidas antes de saír. A súa viaxe comezou hoxe 26 de febreiro e terá que rematar o día 11 de marzo, no que se volverán a xuntar para compartir as vivencias que traian nos cadernos de creación. Tamén cambiarán o seu interior para preararse a saír noutra viaxe.    Esperamos dende a biblioteca, que sexan do voso agrado e pasedes bos momentos familiares. "A dor, se se comparte, é a metade. A felicidade, se se comparte... é dobre"

24 DE FEBRERO: DÍA DE ROSALÍA

    O día 24 de febreiro, fai 178 anos que naceu Rosalía de Castro, unha escritora de moita importancia para a nosa terra e a nosa lingua.      Pinchando na primeira imaxe, accederedes a páxina da Fundación que leva o seu nome, onde teredes información sobre ela de todo tipo.     Na segunda imaxe, accederedes a exemplos das numerosas actividades que se van realizar en toda a xeografía galega ese día.    

ENQUISA FEBREIRO

Ahí vai a nosa enquisa de febreiro : Pinchade na imaxe e seleccionade a opción correcta

LIBROS TAMÉN PARA PAIS E NAIS

  Tamén temos neste curso 2014-2015 unha sección reservada para pais, con libros de contenido educativo, pedagóxico, e literatura. De querer algún libro da nosa biblio, pasádevos por aquí e miramos como emprestalo.

XA CHEGA O ENTROIDO

Xa chega o Entroido! Entroido 2014_Guía de lectura_Biblioteca Pública da Coruña MGGarcés Publish at Calameo or read more publications . Guía lectura de Entroido 2014 from Bibliotecadicoruna Para máis información e actividades, visitade o blog das TICS   http://ticsmondariz.blogspot.com.es/search/label/ENTROIDO

3ª ENTREGA MOCHILAS VIAXEIRAS

A día 4 de febreiro saiu a terceira remesa de mochilas viaxeiras. Terán que voltar á nosa biblioteca o 19 de febreiro, logo do Entroido. A disfrutar, ler e compartir.