22/1/24
Aquí estamos de novo para dar a coñecer as nosas impresións do novo grupo.
A experiencia de compartir mesa entre profesorado e familias para tratar outros temas que non son os profesionais sempre é positiva, pois todas/os vimos co noso bagaxe, e a conversa convértese nunha serie de impresións dende diferentes lugares. O bo das lecturas conxuntas e as bagaxes é que a conversa ramifícase, crece, e as pólas ás que chegamos son impredicibles.
O libro, en xeral, gustou máis ca o anterior do mesmo autor con Leo Caldas como protagonista, pois o argumento semellaba moito máis elaborado. Comentouse que foi unha lectura sinxela e entretida á par, que mantiña o misterio ata o final do libro, se ben os personaxes, comentou un dos integrantes, son arquetípicos e sen moita diversidade.
Tras esta lectura, só nos queda un dos libros protagonizados por Leo Caldas. Será a primeira lectura do curso que vén?
O final da reunión dedicámolo a facer diferentes propostas para o segundo trimestre, que foron as que seguen:
La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker.
La ciudad de los vivos, Nicola Lagioia.
Los ecos del pantano, de Elly Griffiths.
Por último, propúxose tamén o libro Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido, que se descartou por problemas para atopalo.
O libro escollido, tras unha votación moi igualada, foi La ciudad de los vivos, aínda que varios compoñentes lemos tamén La cena despois da pinta que nos tivo tras a presentación que se fixo.
Volveremos coas nosas reflexións sobre o libro (ou libros!).
Un saúdo, e lede moito! 📖
2/11/23
Este curso o Club de Lectura de Misterio para profes converteuse no Club de Lectura de Misterio para adultos, incluíndo así todo o persoal do centro e tamén as familias.
A dinámica segue a ser a mesma, escollemos entre todas/oso libro de entre as achegas feitas polas/os compoñentes.
Para este trimestre, as obras propostas foron:
A praia dos afogados, de Domingo Villar.
Thérèse Raquin, de Émile Zola.
Al cerrar la puerta, de B. A. Paris.
O libro de lectura escollido foi A praia dos afogados, para continuar co segundo caso do inspector Leo Caldas.
Na seguinte entrada as impresións do novo grupo con participantes antigos e novas incorporacións.
Un saúdo, e lede moito! 📖
Curso 2022/2023
31/6/23
Este ano foi a primeira convocatoria do Club de Lectura de Misterio para profes. Cada trimestre escolliamos un libro de entre unha escolma realizada en conxunto e, ao final do trimestre, reuniámonos para poñer en común as nosas impresións sobre o mesmo.
Os libros escollidos durante todo este curso foron os seguintes (deixámosvos a ligazón á web Todos tus libros para que consultedes o resumo):
Ollos de auga, de Domingo Villar.
Un plan sangriento, de Graeme Macrae Burnet.
Muerte en La Fenice, de Donna Leon.
Ao longo das lecturas fomos ata Vigo, visitamos as Highlands escocesas e recorremos os barrios máis escuros de Venecia. Houbo disparidade de opinións en canto ao gusto, se ben coincidimos en que o mellor de todos foi Un plan sangriento, polo que queda como a recomendación do Club deste ano.
Foto da derradeira reunión do curso:
Un saúdo, e lede moito!📖
