Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2018

Bibliotecas dixitais importantes

     Compartimos con vos as 22 bibliotecas dixitais mais importante de España. Se pulsas na imaxe irás á entrada na que fala das 22. Nesas está a nosa Galiciana        Sen embargo, se o que queres é libros de lectura, recordamos que podes facerte socio de GaliciLe, na que o requisito para facerse socio ou socia é o de ser socio/a dunha biblioteca pública, e dende alí fanche os trámites. Dentro desta plataforma está a propia GaliciaLe para préstamos en Galego e Ebiblio Galicia , para préstamos en castelán.      Esperamos que as disfrutedes

Weeblebooks

   Weeblebooks , é unha biblioteca gratuíta dixital. Como eles din: "Creemos en una educación al alcance de todos, más divertida, moderna, creativa, y sin barreras económicas o geográficas."     É, polo tanto, un equipo creado para divertirse lendo. Cuns libros catalogados por idades +3 +6 +8 +10 e varias temáticas, podes encontrar cousiñas interesantes.     Ademais dispón de web e app para android. Está todo moi ben explicado e ten unha sinxela manipulación.

O noso monte

   Exposición realizada para apoiar o programa Voz Natura. Estará en continuo cambio, pero presente durante o longo do curso, nas súas variantes e ofertando actividades.    Esta é a actividade actual en relación coa exposición.

Celebrando Samaín dende a biblioteca

  Para conmemorar esta celebración, puxemos na biblio este recuncho:  Escribimos historias de medo? cun xogo de dados e modelos para facer historias terroríficas.         Os contos resultantes  da actividades teñen esta semana para lelos  e darlle un "like"