Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2018

Boas festas

O noso grafitti xa colleu forma e presentaba este aspecto despois das vosas colaboracións:       ANTES                           DESPOIS                                     

Queres pertencer ao voluntariado?

Temos á disposisción do alumnado de 5º e 6º de Primaria, e a toda a ESO, uns impresos na biblioteca para que poidades pertencer ao voluntariado da biblioteca. Tal voluntariado realizará tarefas de ordenar libros, aconsellar, difundir a labor na biblio e todas as que se nos ocorran á Comunidade Educativa. Se queres acércate e pide o teu impreso, pero dáte présa , xa que temos que ter os impresos antes de marchar de parón navideño. É a primeira vez que nos atrevemos a solicitar o de primaria, e nos anos anteriores o do alumnado da ESO deu bos resultados. Para máis información preme aquí e accederás á convocatoria

Lecturas para o Nadal 2018

Non pode faltar a nosa contribución para este parón. Tendo en conta a frase Recollimos unhas lecturas aconselladas Algúns destes exemplares están na biblio, pero outros haberá que buscalos noutros andeis.

Felices festas

Temos na biblio un graffiti no que podes desexar o mellor para este 2018 que remata e a aparición do 2019. Queres facer a túa aportación? pois acércate e ilústranos! e senón, mira o traballo dos demais.

Chegada de novidades

Chegaron uns libros novos para ser incorporados na biblioteca. Esperamos incorporalos ao noso catálogo este luns, e que poidades facer uso deles coa maior brevidade posible. Recordade que para calquera cousiña, podedes preguntar a calquera persoa do equipo de biblioteca.

Escritora do mes: Enid blyton

Este mes de decembro estará adicado á escritora Enid Blyton (1897-1967). Muller londinense que firmou mais de setecentas novelas xuvenís. Temos un total de dezaséis rexistro dela na biblioteca, dos que compartimos unha foto. Achégate á biblioteca e faite con un exemplar para estas vacións. Para máis información: - http://www.editorialjuventud.es/blytonbiogr.htm