Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Samaín

Hoxe tivemos unha actividade moi chula na biblioteca para conmemorar o Samaín. Que opinades destas bruxiñas de infantil?  Aproveitamos tamén para mostrarvos a exposición terrorífica.
Queriamos darvos a benvida a este curso cunha canción sobre o libro. É do libro de kalandraka que temos na biblioteca Tic tac 

Entrevista futbolística e literaria

Compartimos a entrevista realizada polo xornal "El País" a Roberto Santiago, autor de Futbolísimos. Preme na imaxe e accederás

Nova aparición

Apareceunos na biblio un animalciño moi riquiño. Chámase Naturizo e sabedes que animal é?

Harry

Mirade o que vos temos preparado na biblioteca, dende libros voadores ata quidditch. Chegaron libros de  Hogwarts.

8 de marzo

O día 8 de marzo, a clase de segundo de primaria aproveitamos para ver, mirar e observar as novas adquisicións sobre a muller. Compartimos libros, cadeiras, alfombra, etc. Un día diferente, pola folga que había e polo que fixemos todo o día.

Visita Isabel Blanco

O día 19 de febreiro do 2019 contamos no noso centro coa visita de Isabel Blanco, autora de libros de relatos como  Historias de almas inquietas , Los mundos ajenos, e poemarios como Verbus Cum. Nesta ocasión soprendeunos co poemario Rosaura Cesteira de Mondariz, Ilustrado por Luz Beloso e patrocinado polo Concello de Mondariz e Deputación de Pontevedra Lingua. Ao rematar de falar sobre a figura da mulelr, asinou os libros dos presentes. Grazas!!

Resultado do Cine

Así presentaba o seu aspecto o recuncho do cine que nos preparou o alumnado voluntario. Qué cousas máis fermosas fan estes artistas.

Preparando o cine.

O noso alumnado voluntariado de Primaria está realizando unha das múltiples tarefas de exploración, creatividade, cooperación e aprendizaxe. Están creando o novo espacio de cine. Preparádevos para cando esté rematado e veredes a colocación das nosas películas. Ver esta publicación en Instagram Creando o noso novo espacio de cine. Colaboración, creatividade, aprendizaxe, exploración. Una publicación compartida de Biblioteca CPI Mondariz (@biblioteca_cpi_mondariz) el 11 Ene, 2019 a las 7:06 PST