Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

LECTURA COMPARTIDA

O grupo de alumnado colaborador da biblioteca comparte lectura de contos cos seus compañeiros de Infantil e Primaria.

A NOSA BIBLIOTECA ESPERTA TÚA CURIOSIDADE

 Novos libros espéranche!

DICHO O MOITOEU!

 Para celebrar un Nadal en galego apuntádevos ao DICHO O MOITOEU!

OBRADOIRO: UN NADAL DE FILME!

As nosas alumnas voluntarias e o equipo da biblioteca estamos axudando o alumnado do centro a elaborar as postais de Nadal para  participar no concurso do EDLG.  Acude nos recreos a biblioteca e participa no concurso!  

NOVIDADES

Libros de diferentes temas, recentemente editados. Podes atoparlos no expositor das novidades. Gózaos!  

AS MOCHILAS VIAXEIRAS DISPOSTAS A SALIR!

AS SILUETAS DO 25 N

Aquí tedes unha mostra das siluetas con frases rexeitando a violencia machista, que foron creadas polos diferentes cursos do CPI de Mondariz .

DICHO O MOITOEU!

  Sabiades que en galego é obrigatorio o emprego do artigo diante do posesivo?     Achegádevos ao recuncho do “DICHO O MOITOEU!” para aprender máis sobre o uso do artigo.

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Como xa sabedes este venres 25 de novembro é o Día Internacional para Eliminar a Violencia contra a Muller. Dende a biblioteca queremos destacar a importancia de este día, e por iso dedicámoslle a moble da entrada, compartindo con vos lecturas para diferentes idades sobre relacións saudables, feminismo e historias de mulleres relevantes na historia.                                                                 Achegádevos! a información é poder!  Xuntos e xuntas podemos loitar contra a lacra da violencia machista.