Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2023

ACTIVA O TEU CEREBRO

  Activa o teu cerebro con pequenos retos. Nos recreos da ESO o noso grupo de alumnado voluntario te reta a resolver inxeniosos xogos

A MAXIA DAS PALABRAS

  Este mes de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria descubriron a maxia da luz negra buscando libros e palabras, grazas a creatividade da profe Amanda de 1º Primaria.

RETO DO ENTROIDO

 

OBRADOIRO DE "HAMMA BEADS" ORGANIZADO POLO GRUPO DE ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

 Nas últimas semanas o noso grupo de alumnado voluntario está a realizar un obradoiro de "hamma beads" con todo o alumnado da ESO que desexe participar.  O éxito deste obradoiro nos fai pensar en extendelo ás outras etapas.

DICHO O MOITOEU

 Estamos de entroido! Non esquezades as indicacións de "Dicho o moitoeu" 

NOVIDADES FEBREIRO

 Este mes temos libros moi interesantes entre as novidades Sabedes cal é o invento máis importante da humanidade? ou se é certo que, so usamos o 10% do cerebro? A resposta a estas e outras preguntas as atoparedes na oferta das novidades da biblioteca! 

O CICLO DE INFANTIL E PABLO PICASSO

  O ano 2023 é o Ano Internacional de Picasso. Este mes de xaneiro traballamos a lectura de imaxes coa obra de Pablo Picasso. Este mes, os obradoiros de fomento da lectura estiveron dirixidos ao ciclo de Infantil Así puideron participar no mural que se realizou coa participación de todo o centro relacionado coa conmemoración do Día Internacional da Paz e a non violencia

O DÍA DA PAZ

  Hoxe 30 de decembro conmemórase o Día Internacional da paz e a non violencia. O equipo da biblioteca organizou durante este mes un mural colectivo coa participación de todo o centro. A imaxe realizada é unha colaxe de dúas obras de arte relacionadas co tema da guerra en España: O Guernica de Picasso e Os Fusilamentos do 3 de maio de Goya. Traballáronse estes cadros nas aulas. Finalmente todo o centro participou nunha performance que consistía en pegar flores no mural.