Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2023

SEMANA DA POESÍA

Durante a segunda metade do mes de marzo a biblioteca organizou diferentes actividades en colaboración cos titores de 3º Primaria María e Arturo e a profesora de EPVA , Susana. A profesora Raquel, de música organizou un recital de poesía cantada co seu alumnado da ESO. Poesía visual con haikus 1º ESO Suxerencias de lectura e matrices das poesías visuais de 1º ESO                                                             Caligramas 3º ESO O alumnado de Primaria realizando as actividades na biblioteca

OBRADOIDO CON HIGH PAW E O RAVELO

Con motivo da conmemoración do día da poesía, o alumnado de 6º disfrutou dun obradoiro coa astista High Paw e o artista Ravelo, no que combinaron a creación de música electrónica coa aprendizaxe de estratexias de resposta ante os con fl itos verbais. O alumnado pasouno xenial e aprenderon a rimar!

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

O alumnado de curso de 2 ESO e a súa titora Sonia realizaron diferentes actividades de formación de usuarios na biblioteca . Grazas a todos pola vosa visita

DIA DA TRADICIÓN ORAL

 Co gallo da celebración do Día da Tradición Oral , o grupo de alumnado colaborador animouse a contar historias aos máis cativos do centro. Moitas grazas a todos pola súa colaboración.

NOVIDADES MARZO

  O próximo 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía. Á nosa biblioteca chegaron novas adquisicións para que goces lendo e mirando poesía en diferentes formatos.

8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

  O equipo da biblioteca proponvos estas lecturas para o mes de marzo, relacionadas co papel da muller no progreso da humanidade

VOLVE O CONCURSO DE POESÍA

  https://www.ersilias.com/pablo-del-barco-poesia-visual/ O próximo 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía. A biblioteca do noso centro organiza diversas actividades e unha delas é impulsar que o noso alumnado escriba poesía.                                                   CONCURSO DE POESÍA 1º Participantes: pode participar todo o alumnado da ESO do centro. 2º Idioma: pódese empregar o galego e o castelán. 3º Temática é libre. 4º Mínimo de estrofas: 4 5º Data de entrega: 20/03/2023 na biblioteca do centro. 6º PREMIO: 2 puntos para o premio final de curso a la poesía gañadora                                 Publicarase na páxina web do centro.

O XADREZ TAMÉN TEN CABIDA NA NOSA BIBLIOTECA

 Os recreos tamén sirven para facer quedadas na biblio e xogar o xadrez.