Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2023

AUDICIÓNS NA BIBLIOTECA: A GAITA

 Xoel explicounos as partes da gaita e as súas dificultades. Ademáis  interpretou dúas cancións ,  Anduriña mariñeira e  , para os seus compañeiros de 5º de Primaria. Moitas grazas Xoel, esperamos por ti no próximo martes día 30 de maio.

AUDICIÓNS NA BIBLIOTECA

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS : LECTURAS SUXERIDAS E O CONTACONTOS.

 Os máis pequenos do centro tiveron a sorte de gozar dunha actividade de contacontos. Este a  curso invitamos ao contacontos e home orquestra Servando Ballesteros.

CONTOS EN FAMILIA

Abrimos a biblioteca ás familias que desexen vir contar contos ao noso alumnado. Temos a sorte de ter familias moi creativas e colaboradoras, como LOLI BARRAL a nai de dous alumnos do noso centro

OS RETOS NA BIBLIO CHEGAN A SEU FIN.

 Dende o19 de maio damos por rematadas as actividades dos retos nos recreos de Secundaria. A experiencia tivo moito éxito e pensamos repetilo no próximo curso. Grazas ao grupo de alumnado voluntario e ao alumnado que participou..

A BIBLIOTECA COMO ESPAZO MUSICAL

Comezaron as audicións durante os tempo de recreo   PROGRAMA  28/ abril  AMANDA (violonchelo) para el alumnado de infantil Amanda ofrecendo a sús música o alumnado de Infantil 3/ maio 10/ maio  Elena, Sara e Antón 4º PRIMARIA  para o alumnado de 1º Primaria e Infantil Negra sombra ( Clarinete, frauta) Danza Cuduro ( Clarinete, frautae percusión) e cuerpo de baile Moitas grazas aos artistas e ao público voluntario 

2 DE MAIO CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O 2 de maio rematou o obradoiro de MUNDO CRUEL contra o acoso escolar  a cargo do debuxante e ilustrador de banda deseñada Pablo Prado e co alumnado de 5º de Priamria e os  alumnos 4º ESO membros do clube de manga. Pablo Prado e o alumnado participante debuxaron nas fiestras do corredor as viñetas e as preguntas que xa traballaran nas sesións anteriores.