O noso alumnado ven desenvolvendo actividades de formación de usuarios da biblioteca. O alumnado de 6º e 2º de Primaria xa pasaron pola biblioteca. O alumnado da ESO fixeron a formación dende a plataforma E-DIXGAL e 1ºB na biblioteca.
D esde o primeiro día de clase a biblioteca encheuse de alumnado de primaria e secundaria. Os recreos a biblioteca é un non parar de mentes creativas en acción. O alumnado de 1º de priamria veu buscar os seus carnés de lectores para poder coller os libros que máis lles gustan... Realizamos o mural de benvida da biblioteca. Creamos un espazo de "galería de arte", preparamos unha decoración terrorífica para Samaín.... e por suposto , realizamos o noso servizo de préstamo e devolución dos fondos
A biblioteca escolar abre de novo as portas. Esperámosvos con novidades de libros, revistas, películas e seguiremos coas actividades, retos , concursos .....