O alumnado voluntario de 6ºde Primaria, compartiu cos seus compañeiros de Infantil e 1º e 2º de Primaria, unha lectura co motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero. A experiencia foi moi gratificante para todo o alumnado participante.
A nosa voluntaria da ESO dedicou algúns recreos na preparación dos carteis do 25-N contra a violencia machista. O equipo da biblioteca en colaboración cos equipos de Extra-escolares e o EDLG organizamos a actividade do 25-N para todo o centro. A actividade consiste en reflexionar sobre as actitudes dos homes que nos gustan para ser quen de rexeitar todos os comportamentos machistas
Durante este mes, a Galería de Arte expoñe os debuxos de tema científico que realiza o nos alumnado. Plantas carnívoras, sistema solar, moléculas de auga....
Durante o mes de novembro a iblioteca traballa a ciencnia en galego . O noso grupo de alumnado voluntario de Primaria organizou a primeira actividade. RETO : DESCRIBE O TEU ANIMAL FAVORITO.