O alumnado de 3º de Primaria levou a cabo unha performance poética coa lectura dos textos dos libros doS autores Antón Cortizas Amado " Os versos da mariola" e de Pablo Noqueira campo, " VERSOS (A) VARIADOS.
Os obxectos poéticos expresan sensacións e sentimentos, non se empregan as palabras. Estos foron realizados con pasta de papel reciclado e pintados con pintura acrílica.
Aproveitamos o mes de marzo para realizar unha chea de actividades nas que as protagonistas son as mulleres. Os retos deste mes estan adicados a buscar datos biográficos de mulleres. A galería de arte esté adicada ós retratos de mulleres senlleiras.
Por fin o tempo permitiu realizar o Roteiro de Rosalía polo patio do colexio. Aproveitándo a lectura do libro "O Herbario de Rosalía", organizamos un roteiro polas plantas e árbores que temos nos patios do centro e colgamos
Un curso mais organizamos as xornadas de lectura en familia na data do 8M. A temática foi as biografías de mulleres senlleiras en ciencia, arte, literatura, moda, deporte, etc. Contamos coa participación das nais do alumnado de Infantil e Primaria. En Infantil, a lectura da biografía de Coco Chanel derivou nun obradoiro de sofisticados chapeus .