Saltar ao contido principal

TARDES CREATIVAS CURSO 13/14

Temos en marcha un programa para as tardes de martes a venres. Ao longo de todo o curso teremos varios obradoiros dirixidos ao alumnado do centro. A participación en todos os obradoiros será gratuíta, e incluiremos o material necesario para o seu desenvolvemento.
HORARIO: de 15:15 horas a 17:15 horas, mentres está aberta a biblioteca. 
AFORO LIMITADO A 20 PARTICIPANTES.
PRAZO PARA ANOTARSE: Teredes que anotarvos como moi tarde o luns anterior a que se celebre. 
Clicando no mes correspondente, teredes a información relativa aos obradoiros dese mes, o formulario de inscripción e a lista dos inscritos, para que saibades se aínda tedes praza.
Despois de cubrir o formulario, se queredes enviar a ficha coa autorización podedes descargala desta mesma páxina, e enviala como anexo ao noso correo da biblioteca: cpimondariz.biblioteca@gmail.com.

OS OBRADOIROS DE CADA MES

OUTUBRO         NOVEMBRO            DECEMBRO   
                                            
XANEIRO      FEBREIRO     MARZO

ABRIL       MAIO

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!