Saltar ao contido principal

Caligramas

       O alumnado de 4º de ESO está a traballar estes días en Lingua Galega, as técnicas compositivas para escribir poemas das Vangardas Artísticas de comezos do Século XX. Estes movementos a nivel cultural, político e literario, buscan romper as normas tradicionais de métrica, abandonando os temas tabúes e dándolle gran importancia á tipografía. Na clase fixéronse dous grupos segundo dous ismos literarios: o Cubismo e o Dadaismo.
       No Cubismo destaca o emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano, distintas partes dun obxecto e polas collages.No plano literario destacan os Caligramas creados por Guillaume Apollinaire e dos que este ano 2018 cúmprense 100 anos da súa creación.A representación gráfica do poema responde co seu contido, acadando unha estética moi visual.
      No Dadaísmo, xurdido no 1916, durante a Primeira Guerra Mundial en Zurich primaa provocación e a antiarte.Todo sucede por azar, non hai ningunha norma establecida en canto á métrica e á escritura. Para crear un poema dadaista basta con coller recortes de palabras aleatoriamente formando unha composición de maneira libre. Autores que seguiron esta ismo foron André Breton, Salvador Dalí e Joan Miró, entre outros.


Traballos e autoría:
- Gota de Chuvia: Nerea A, Carmen
- Emoticono: Naím e Lucía
- Reloxio: Yanira, David Couñago
- Barra labios: Iris, Aarón, Ángela
- Lingua: Anabel, Diego
- Reloxio: Andrea, Diego.
- Chave: Nerea G, Canabal
- Folla: Silvia, María

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!