Saltar ao contido principal

Queres pertencer ao voluntariado?

Temos á disposisción do alumnado de 5º e 6º de Primaria, e a toda a ESO, uns impresos na biblioteca para que poidades pertencer ao voluntariado da biblioteca. Tal voluntariado realizará tarefas de ordenar libros, aconsellar, difundir a labor na biblio e todas as que se nos ocorran á Comunidade Educativa.
Se queres acércate e pide o teu impreso, pero dáte présa , xa que temos que ter os impresos antes de marchar de parón navideño.
É a primeira vez que nos atrevemos a solicitar o de primaria, e nos anos anteriores o do alumnado da ESO deu bos resultados.

Para máis información preme aquí e accederás á convocatoria

Grazas voluntariado, 
convosco camiñamos mellor.

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!