Saltar ao contido principal

Visita Isabel Blanco

O día 19 de febreiro do 2019 contamos no noso centro coa visita de Isabel Blanco, autora de libros de relatos como Historias de almas inquietas, Los mundos ajenos, e poemarios como Verbus Cum.

Nesta ocasión soprendeunos co poemario Rosaura Cesteira de Mondariz, Ilustrado por Luz Beloso e patrocinado polo Concello de Mondariz e Deputación de Pontevedra Lingua.

Ao rematar de falar sobre a figura da mulelr, asinou os libros dos presentes.

Grazas!!





Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!   

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada.