O ALUMNADO DE INFANTIL BUSCANDO OS SEUS LIBROS FAVORITOS
Os máis pequenos do centro visitaron a biblioteca para aprender a buscar libros que lles gusten. Esperamos que no futuro manteñan a curiosidade e gocen coa lectura.
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.