Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca organizamos un concurso de postais e marca páxinas para felicitar as festas a toda a comunidade educativa. O equipo da biblioteca organizamos talleres para a participación no concurso. Aquí deixamos algunhas mostras das postais que o alumnado de Primaria foi realizando nos seus tempos de recreo. Boa sorte!
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.




