Saltar ao contido principal

CL Misterio para adultos. 2ºT

  22/1/24

Aquí estamos de novo para dar a coñecer as nosas impresións do novo grupo.

A experiencia de compartir mesa entre profesorado e familias para tratar outros temas que non son os profesionais sempre é positiva, pois todas/os vimos co noso bagaxe, e a conversa convértese nunha serie de impresións dende diferentes lugares. O bo das lecturas conxuntas e as bagaxes é que a conversa ramifícase, crece, e as pólas ás que chegamos son impredicibles.

O libro, en xeral, gustou máis ca o anterior do mesmo autor con Leo Caldas como protagonista, pois o argumento semellaba moito máis elaborado. Comentouse que foi unha lectura sinxela e entretida á par, que mantiña o misterio ata o final do libro, se ben os personaxes, comentou un dos integrantes, son arquetípicos e sen moita diversidade.

Tras esta lectura, só nos queda un dos libros protagonizados por Leo Caldas. Será a primeira lectura do curso que vén?

O final da reunión dedicámolo a facer diferentes propostas para o segundo trimestre, que foron as que seguen:

La cena, de Herman Koch.

La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker.

La ciudad de los vivos, Nicola Lagioia.

Los ecos del pantano, de Elly Griffiths.


Por último, propúxose tamén o libro Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido, que se descartou por problemas para atopalo.

O libro escollido, tras unha votación moi igualada, foi La ciudad de los vivos, aínda que varios compoñentes lemos tamén La cena despois da pinta que nos tivo tras a presentación que se fixo.



Volveremos coas nosas reflexións sobre o libro (ou libros!).

Un saúdo, e lede moito! 📖

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!