A nosa biblioteca é cambiante, a pensamos como un espazo flexible a disposición do alumnado pero tamén práctica e acolledora. Isto implica moitos pequenos traballos como ordenar, distribuír almacenamento, pensar en mobles inclusivos, mobles de almacenamento agradábel, e por último montar-los. O alumnado voluntario de Primaria tamén participou nesta labor como podemos apreciar nestas imaxes nas que amosamos como axudaron a montar as caixas de lirio de auga que cheiran ós día de chuvia no verán.
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.


