Saltar ao contido principal

CONCURSO : BOOKTUBER

 


PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO ESTE MES DE ABRIL, DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO: “SON UN BOOKTUBER”, QUE CONSISTE NA GRAVACIÓN AOS/AS VOSOS/AS FILLOS/AS DUN PEQUENO VÍDEO (MÁXIMO 3 MINUTOS), RECOMENDANDO O SEU LIBRO FAVORITO, NO QUE SE FAGA REFERENCIA AOS SEGUINTES DATOS:

  • Autor/a

  • Título

  • Editorial

  • O motivo polo cal é o seu preferido.

  • Un breve resumen.

  • Por que o recomenda.


PODERÁ PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DENDE INFANTIL ATA 4º DA ESO.

O VÍDEO DEBE ESTAR EN FORMATO MP4 OU SIMILAR.

POR MOTIVOS DE PROTECCIÓN DE DATOS NON SE PODE ENSINAR O ROSTRO, POLO QUE NO VÍDEO SÓ SE PODERÁN VER O LIBRO E AS MANS, XA QUE O COLGAREMOS NO BLOG DA BIBLIOTECA: http://cpimondarizbiblioteca.blogspot.com/

O PRAZO PARA A SÚA ENTREGA SERÁ ENTRE OS DÍAS 15 E 23 DO MES DE ABRIL, POR UNHA DESTAS DÚAS VÍAS: MANDANDO UN CORREO CO VÍDEO Á NOSA DIRECIÓN DA BIBLIOTECA: cpimondariz.biblioteca@gmail.com ,OU MANDÁNDOO NUN

PENDRIVE POLOS/AS VOSOS/AS FILLOS/AS QUE VOS DEVOLVEREMOS DE NOVO.

GRAZAS DE ANTEMÁN POR PARTICIPAR.

UN SAÚDO,

O EQUIPO DE BIBLIOTECA.


Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!