O alumnado de primaria participou nun encontro co poeta Xosé Luna Durante o acto realizáronse diferentes actividades de lectura e música coa participación moi activa de todo o alumnado. O encontro foi un éxito. Xosé Luna dedicou varios exemplares á biblioteca do centro, polo que lle facemos chegar o noso agradecemento. Esperámosche, volve visitarnos pronto!
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.





