O alumnado voluntario de 6ºde Primaria, compartiu cos seus compañeiros de Infantil e 1º e 2º de Primaria, unha lectura co motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero.
A experiencia foi moi gratificante para todo o alumnado participante.
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.
Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico! Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer? Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño. Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes. E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto. ¡Animádevos!