Saltar ao contido principal

¡Planta un pompón pola paz!

A temática que escollemos este ano no centro para o día da Paz foi a inspirada por Wangari, nobel da paz e muller que conseguiu grandes cambios e logros no desenvolvemento sostible, a democracia e a paz. 




Por iso decidimos para a nosa celebración da Paz plantar varias árbores e dende a biblioteca preparamos un obradoiro moi especial. Crear pompóns brancos que pegamos nunhas variñas de madeira para plantar de xeito simbólico polos xardíns do colexio. 



Varias alumnas e alumnos xa comezaron con esta gran labor.  Ti aínda podes crear o teu pompón!!







 

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!