Saltar ao contido principal

Exposición anual de libros sobre o Proxecto "A cociña"

Dende a biblioteca, temos unha nova zona para facer unha exposición dos libros relativos ao proxecto deste curso : A cociña.
Estarán nuns estantes na biblio ao lado dos libros de infantil.
Se alguén quere levar algún, basta con collelo e facer o préstamo normal de sempre.
Algúns irán en mochilas viaxeiras tamén.


Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ