Saltar ao contido principal

Dolores Redondo gaña o Premio Planeta


Hoxe concedéronlle a esta ecritora o premio Planeta

A obra gañadora está ambientada na Ribeira Sacra e nela abórdase “a codicia e os que se unen entorno a ela. Tamén é unha novela de búsqueda da verdade, do amor, dos segredos e a confianza nunha parella. Pero sobre todo é unha historia de amiszade”, dito pola autora.

Na biblioteca dispoñemos de "O guardián Invisible", a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le. O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego, lánzase a nivel mundial neste mes de xaneiro de 2013. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.



















Datos e imaxe de: Xerais e Qué leer

Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ