O alumnado de 4º de ESO está a traballar estes días en Lingua Galega, as técnicas compositivas para escribir poemas das Vangardas Artísticas de comezos do Século XX. Estes movementos a nivel cultural, político e literario, buscan romper as normas tradicionais de métrica, abandonando os temas tabúes e dándolle gran importancia á tipografía. Na clase fixéronse dous grupos segundo dous ismos literarios: o Cubismo e o Dadaismo. No Cubismo destaca o emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano, distintas partes dun obxecto e polas collages.No plano literario destacan os Caligramas creados por Guillaume Apollinaire e dos que este ano 2018 cúmprense 100 anos da súa creación.A representación gráfica do poema responde co seu contido, acadando unha estética moi visual. No Dadaísmo, xurdido no 1916, durante a Primeira Guerra Mundial en Zurich primaa provocación e a antiarte....
Blo da Biblioteca do CPI de Mondariz