O alumnado de 4º de ESO está a traballar estes días en Lingua Galega, as técnicas compositivas para escribir poemas das Vangardas Artísticas de comezos do Século XX. Estes movementos a nivel cultural, político e literario, buscan romper as normas tradicionais de métrica, abandonando os temas tabúes e dándolle gran importancia á tipografía.
Na clase fixéronse dous grupos segundo dous ismos literarios: o Cubismo e o Dadaismo.
No Cubismo destaca o emprego de formas xeométricas, presentando nun mesmo plano, distintas partes dun obxecto e polas collages.No plano literario destacan os Caligramas creados por Guillaume Apollinaire e dos que este ano 2018 cúmprense 100 anos da súa creación.A representación gráfica do poema responde co seu contido, acadando unha estética moi visual.
No Dadaísmo, xurdido no 1916, durante a Primeira Guerra Mundial en Zurich primaa provocación e a antiarte.Todo sucede por azar, non hai ningunha norma establecida en canto á métrica e á escritura. Para crear un poema dadaista basta con coller recortes de palabras aleatoriamente formando unha composición de maneira libre. Autores que seguiron esta ismo foron André Breton, Salvador Dalí e Joan Miró, entre outros.
Traballos e autoría:
- Gota de Chuvia: Nerea A, Carmen- Emoticono: Naím e Lucía
- Reloxio: Yanira, David Couñago
- Barra labios: Iris, Aarón, Ángela
- Lingua: Anabel, Diego
- Reloxio: Andrea, Diego.
- Chave: Nerea G, Canabal
- Folla: Silvia, María