Saltar ao contido principal

Reto lector maio

Como ides co reto lector?
Non me digades que non se pode facer o reto neste período.
Lembrade que podedes ler todos os atrasados.
Agardamos os vosos correos informándonos sobre as vosas lecturas. Podedes comentar nas entradas do diario, ou mandar algo no formulario de contacto. Tamén compartir o que queirades no enderezo cpimondariz.biblioteca@gmail.com

Este mes de maio, toca tal e como tpropuxemos no seu momento, que había que ler un libro recomendado por un amigo ou amiga. Animádevos. Se nos enviades consellos lectores personalizados podemos ler uns a outro. Só tedes que escribir e poñer quen sodes, o curso, e o libro que lle aconsellades a alguén.

Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ