Como o mes pasado, queremos saber como levades o reto lector. Neste caso tedes que pensar un pouco e ler un libro no cal a letra do autor ou autora coicida coa primeira do meu nome ou do meu apelido. Por exemplo o profe Aarón pode ler un de Paul Aster; Se me chamo Lorenzo podo ler a Lorca; e se me apelido Rodríguez a John Ronald Reuel Tolkien
"A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade. O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora", tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada.