Saltar ao contido principal

UN DÍA PERFECTO:  MARÍA CANOSA VISITOU O NOSO CENTRO 

O alumnado de 3º e 4º de Primaria  gozaron da presencia da escritora María Casanova e compartiron con ela  dúbidas e opinións. A profesora de 3º e o profesor de 4º traballaron co alumnado diferentes libros da escritora e fixeron un agasallo relacionado coas lecturas. María Canosa asinó dous exemprares para a nosa  biblioteca. Moitas grazas María Canosa.


María Canosa asinando exemprares



Alumnado e profesorado con o agasallo para María Canosa

Compartindo experiencias con María Canosa


Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ