Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2022

Comezamos unha nova historia!

O noso alumnado de Infantil e Primaria fixeron a formación de usuarios da biblioteca . Remataron coa actividade de marcadores de libros. Comezamos un novo curso e na biblioteca ofrecimos un obradoiro aos nosos nenos e nenas sobre o funcionamento da biblioteca. Puideron ver como se organiza e as marabillas que se poden atopar dentro dos seus andeis e tiveron a oportunidade de buscar e ler moitos libros diferentes. Ademais, puideron facer un marcapáxinas que lles servirá para marcar o lugar de onde levaron un libro. Con todo isto búscase potenciar a súa curiosidade pola lectura e o hábito lector, así como a súa capacidade de organización e facelos máis responsables e autónomos. Espéranos un ano cheo de lecturas que esperamos compartir con todos vós.