Saltar ao contido principal

Comezamos unha nova historia!

Comezamos un novo curso e na biblioteca ofrecimos un obradoiro aos nosos nenos e nenas sobre o funcionamento da biblioteca.
Puideron ver como se organiza e as marabillas que se poden atopar dentro dos seus andeis e tiveron a oportunidade de buscar e ler moitos libros diferentes. Ademais, puideron facer un marcapáxinas que lles servirá para marcar o lugar de onde levaron un libro.
Con todo isto búscase potenciar a súa curiosidade pola lectura e o hábito lector, así como a súa capacidade de organización e facelos máis responsables e autónomos. Espéranos un ano cheo de lecturas que esperamos compartir con todos vós.

Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ