A Ainhoa encántalle as historias, e atopou que as historias chinesas ten moitas cousas interesantes... Interesouse tanto, que rematou aprendendo un dos setes alfabetos chineses. Como a biblioteca é un espazo aberto a todas as iniciativas do noso alumnado, ela e outros campañeiros están a facer un libro de preguntas e respostas sobre a cultura chinesa.
"A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade. O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora", tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada.
