Saltar ao contido principal

FRANCISCO LUENGO



Francisco Luengo é músico, luthier e investigador da música medieval e antiga.  É uns dos luthiers do   proxecto internacional "Construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria" da Deputación de Lugo e da Fundación Barrié de la Maza.

Francisco visitounos o 10 de xaneiro e explicounos porqué é tan importante reconstruír os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, quen eran os que os facían e porqué empregaban a proporción áurea na construción.  O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man como se realizan os instrumentos e ademais puideron probar a tocalos, como o organistro, sen ningunha dúbida, o instrumento estrela. O alumnado de 3º da ESO puido comparar os instrumentos en cartón que fixemos na clase con os que Francisco Luengo.









Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ