Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

CONTA UNHA HISTORIA

 O alumnado de Primaria realizou o reto "CONTA UNHA HISTORIA", durante a semana do 11 o 15 de Marzo.  A actividade consistía en inventar unha historia axudándose do panel  coas ruletas e as mans con a estrutura para contar unha historia. Finalmente, gravábase a historia nas tablets da biblioteca.

EXPOSICIÓN DE HAIKUS E OBXECTOS POÉTICOS

 

DÍA DA POESÍA

Que sería de nós sen as persoas creativas? Como poñerlle palabras ás emocións, aos sentimentos? Animámosvos a ler algún destes libros de poesía. er algún destes libros de poesía.

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

 A nosa biblioteca é cambiante, a pensamos como un espazo flexible a disposición do alumnado pero tamén práctica e acolledora. Isto implica moitos pequenos traballos como ordenar, distribuír almacenamento, pensar en mobles inclusivos, mobles de almacenamento agradábel, e por último montar-los. O alumnado voluntario de Primaria tamén participou nesta labor como podemos apreciar nestas imaxes nas que amosamos como axudaron a montar as caixas de lirio de auga que cheiran ós día de chuvia no verán.

CONCURSO DÍA DA POESÍA

O alumnado da ESO ven nos recreos a ler en vol alta a poesía dos seus poetas favoritos, como Rosalía de Castro, María Canosa, Ramón Súarez, Mar Benegas, Gloria Fuertes, Antonio Rubio,  ou ler unha poesía propia, como o alumno A.B.M. de 1º ESO. Grazas a todo o alumnado participante e tamén o público da biblioteca. Antonio Rubio  

8M DEIXA A TÚA PEGADA E LECTURA EN FAMILIA

Durante a semana do 8M a biblioteca organizou diferentes actividades para implicar ó alumnado e as familias.  As familias viñeron a ler contos relacionados co tema da iguladade das mulleres os niveis de Infantil e Primaria. Para todo o alumnado do centro, animasmolles a cambiar unha frase de mulleres por unha cinta morada   

CONCURSO 8M

 Para a conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M, organizamos un concurso, para os niveis de Primaria e Secundaria, é unha búsqueda de información de mulleres importantes de todos os campos das actividades: escritoras, pintoras, deportistas, científicas, activistas,...

NOVEDADES MARZO

Este mes de marzo ampliamos os fondos da biblioteca con nos que as protagonistas son mulleres. Uns son LIBROS DE LECTURA FÁCIL, outros libros foron suxeridos polo noso alumnado como os libros en inglés de nivel Primaria, e tamén ampliamos o apartado de biografías con as biografías de Coco Chanel e Clara Campoamor  

8M LECTURA EN FAMILIA

A  semana do 8M as familias viñeron a ler uns contos ó noso alumnado de Infantil e Primaria. As veces collían libros da biblioteca e outras libros que xa tiñan na casa. A experiencia foi moi boa tanto para as familias como para o noso alumnado. Moitas grazas a todas pola vosa participación. Esperamos que volvais pronto! Os libros escollidos son:  O pais dos mandons. Paloma Rodríguez, Cristaina Justo. Ed Embora 4º Primaria   WANGARI  y los árboles de la Paz. Jeanette Winter. Ed Ekaré. 4º PrimariaA princesa que bocexaba a todas horas. Carmen Gil y Elena Odriozola. OQO Ediciones. Infantil Mamá robot. Zidrou. Ed EDELVIVES. 3º Primaria. A nai da nai da miña mamá. Alejandra Schmidth Urzua.. Hércules Ed. 5º Primaria