Este mes de marzo ampliamos os fondos da biblioteca con nos que as protagonistas son mulleres. Uns son LIBROS DE LECTURA FÁCIL, outros libros foron suxeridos polo noso alumnado como os libros en inglés de nivel Primaria, e tamén ampliamos o apartado de biografías con as biografías de Coco Chanel e Clara Campoamor
"A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade. O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora", tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada.


