O autor José Abalde visitounos o día 10 de abril para presentarnos o seu libro e ademais aproveitou para presentarnos o proceso e as diferentes tarefas que hai detrás dun libro cando o atopamos nunha librería ou biblioteca. Para finalizar, realizou un sorteo dunha bolsa de tea ilustrada coa portada do seu libro.
"A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade. O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora", tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada.



