Festa do Farol ou de San Martiño A orixe Esta festa ten a súa procedencia en países como Alemaña ou Suíza, onde a vivencia do paso do tempo, os cambios de estación e as festividades coma esta están moi presentes. Celébrase o día 11 de novembro e o seu simbolismo é fermosísimo. En novembro o outono xa está asentado, os días van sendo cada vez máis curtos, polo que hai un proceso de interiorización e de busca da luz interior importante, que nos acompañará ata que os días volvan medrar. Esta festa apela a esa busca da luz interior cando a exterior é escasa ou está ausente. O neno, a través do faroliño, represéntaa simbolizando esa luz que nos guía a través da escuridade. Nas escolas Waldorf, a comezos de novembro comezan a preparar o ambiente para esta celebración. Elaboran os seus propios faroliños e, a través de contos e cancións, vanse preparando para o día. Existe un conto moi bonito que mesmo se pode representar cun teatro de mesa, que ten a particularidade de empregar f...