Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Construcción de farolillos na Biblioteca

 Nos recreos de secundaria na Biblioteca e nas aulas de 1º e 3º da ESO todo o alumnado construiu o seu propio farolillo. Algúns farolillos rematados.  Clase de 3º ESO B  Clase de 1º ESO B Clase de 3º ESO A. Clase de 1º ESO A

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

Primeiro torneo de axedrez do curso 2025/2026

 Inscríbete na porta da Biblioteca!

Actividade na Biblioteca! Fai o teu propio farol!

 

Cómo facer os farois da festa do Farol ou San Martiño

  Diferentes xeitos de facer os farois: https://ceradecolores.com/blog/2017/11/06/diy-farolillo-fiesta-san-martin/ https://demicasaalmundo.com/diy-farolillos-de-papel-para-san-martin/ Outra opción que me gusta moito pola súa sinxeleza e pola súa facilidade de atopar os materiais sería empregando botellas de plástico de auga ou refrescos, cortándoos a unha certa altura e pegándolle papeis diferentes con cola branca. Facémoslle dous buracos na parte de arriba, un enfronte do outro e colocámoslle unha la ou unha corda e xa estaría lista. Podemos coller ramiñas cos nenos e nenas para poder levar o faloriño. Poríamos unha candea dentro, que pode ser de verdade ou led para evitar posibles accidentes. Tamén se podería facer con botes de cristal. Algunhas versións das cancións: https://www.youtube.com/watch?v=gCF9aBwCTK8 Aínda que a letra que eu canto é, en castelán: “ Yo voy con mi farolillo, y mi farolillo conmigo, arriba brillan las estrellas, abajo yo y mis amigos. Y si hace frío, me ...

Festa do Farol ou de San Martiño

  Festa do Farol ou de San Martiño A orixe Esta festa ten a súa procedencia en países como Alemaña ou Suíza, onde a vivencia do paso do tempo, os cambios de estación e as festividades coma esta están moi presentes. Celébrase o día 11 de novembro e o seu simbolismo é fermosísimo. En novembro o outono xa está asentado, os días van sendo cada vez máis curtos, polo que hai un proceso de interiorización e de busca da luz interior importante, que nos acompañará ata que os días volvan medrar. Esta festa apela a esa busca da luz interior cando a exterior é escasa ou está ausente. O neno, a través do faroliño, represéntaa simbolizando esa luz que nos guía a través da escuridade. Nas escolas Waldorf, a comezos de novembro comezan a preparar o ambiente para esta celebración. Elaboran os seus propios faroliños e, a través de contos e cancións, vanse preparando para o día. Existe un conto moi bonito que mesmo se pode representar cun teatro de mesa, que ten a particularidade de empregar f...

Visita de Alfonso Pexegueiro

  O xoves 23 de outubro recibimos a visita de Alfonso Pexegueiro ao que o alumnado de secundaria puido escoitar e facerlles preguntas.  Estamos moi ledos por ter contado coa sua presencia e polos marabillosos libros que regalou á Biblioteca, dous deles adicados .