Hoxe martes 21 de abril, saíron as derradeiras mochilas viaxeiras do curso. Terán que estar de volta o día 5 de maio.
Así conclúe a saída de 83 mochilas ao longo deste curso, das que se aproveitaron uns 150 alumnos do colexio.
No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións.