Saltar ao contido principal

recurso Anobii

Hoxe preséntovos Anobii, unha rede social para lectores creada en 2006.
Actualmente, por mor dos usuarios rexistrados, conta con máis de 44 millóns de libros.
Nesta comunidade para os amantes dos libros, poden facer:
  • Descubrir e suscribirse aos estantes de outros.
  • Crear e compartir a túa propia estantería sen esforzo.
  • Facer o teu listaxe de desexos, almacenando as referencias dos libros que desexamos obter.
  • Comparar precios a través de diferentes sitios de Amazon.
http://www.anobii.com/01497eb0a388abbb23/books?page=13

Publicacións populares deste blog

Contacontos da “Nena do farol” para Infantil

No propio día de San Martiño e seguindo coa proposta de fextexar a festa do farol relacionada con ese día, todos e todas as peques de infantil viñeron á Biblioteca para poder disfrutar do contacontos da Nena do farol realizada con teatrillo de mesa onde cada personaxe ten a súa figura que se move ao son do conto e tamén de cancións. 

¡¡¡Comezou o reto colectivo!!!

Xa comezou o reto colectivo da Biblioteca do CPI de Mondariz e nesta entrada do bloque cho explico!  Poderá participar toda a comunidade educativa: alumnado, profes, persoal administrativo… Que tedes que facer?  Ler un libro e cando o terminedes vindes pola biblio e pedides unha folla de reseña e un pauciño.  Cando completedes a reseña a entregades e o pauciño o decorades coma se fora o lombo do libro que líchedes.  E así, poderemos pendurar o pauciño na nosa cinta do reto colectivo e…. …¡mover o contador! Averiguaremos cantos libros lemos entre todos e todas e haberá premios ao chegar a 100, 200…que poderán disfrutar quen haxa participado no reto.  ¡Animádevos!