Saltar ao contido principal

Publicacións

recurso Anobii

Hoxe preséntovos Anobii, unha rede social para lectores creada en 2006. Actualmente, por mor dos usuarios rexistrados, conta con máis de 44 millóns de libros. Nesta comunidade para os amantes dos libros, poden facer: Descubrir e suscribirse aos estantes de outros. Crear e compartir a túa propia estantería sen esforzo. Facer o teu listaxe de desexos, almacenando as referencias dos libros que desexamos obter. Comparar precios a través de diferentes sitios de Amazon.

Mochilas viaxeiras tirada 6ª

Hoxe martes 21 de abril, saíron as derradeiras mochilas viaxeiras do curso. Terán que estar de volta o día 5 de maio. Así conclúe a saída de 83 mochilas ao longo deste curso, das que se aproveitaron uns 150 alumnos do colexio.

5ª entrega de mochilas viaxeiras

A día de hoxe 25 de marzo, saliron de viaxe 15 mochilas, que terán que ser devoltas o martes despois das vacacións (7 de abril). Que as disfrutedes en familia!

ENQUISAS

Dada a nula participación nas enquisas, xa non haberá outras deste tipo .

MOCHILAS VIAXEIRAS 4º ENTREGA

   Mirade que cuarta entrega da saga Mochilas viaxeiras, todas unidas antes de saír. A súa viaxe comezou hoxe 26 de febreiro e terá que rematar o día 11 de marzo, no que se volverán a xuntar para compartir as vivencias que traian nos cadernos de creación. Tamén cambiarán o seu interior para preararse a saír noutra viaxe.    Esperamos dende a biblioteca, que sexan do voso agrado e pasedes bos momentos familiares. "A dor, se se comparte, é a metade. A felicidade, se se comparte... é dobre"

24 DE FEBRERO: DÍA DE ROSALÍA

    O día 24 de febreiro, fai 178 anos que naceu Rosalía de Castro, unha escritora de moita importancia para a nosa terra e a nosa lingua.      Pinchando na primeira imaxe, accederedes a páxina da Fundación que leva o seu nome, onde teredes información sobre ela de todo tipo.     Na segunda imaxe, accederedes a exemplos das numerosas actividades que se van realizar en toda a xeografía galega ese día.    

ENQUISA FEBREIRO

Ahí vai a nosa enquisa de febreiro : Pinchade na imaxe e seleccionade a opción correcta