Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2014

PROXECTO ETWINNING

Algúns/as alumnos/as do centro iniciaron co profe de AL un intercambio de materiais cos centros Collège Jacques Préver  de Les Arcs Sur Argens (Francia) e o ITES R. Piria de Reggio Calabria (Italia) Co motivo do tema elexido para traballar na biblioteca e en todo o centro “As viaxes”, neste intercambio presentarémonos, compartiremos culturas, xeografía, costumes… Durante o tempo que necesitemos neste curso escolar. Utilizaremos diversas ferramentas TIC. O alumnado francés son 17 entre 12-14 anos. O alumnado italiano entre 14-19 anos. Ambos son de segundo idioma español, aínda que os franceses presentan problemas como dislexia, TDAH… Ímos a traballar, viaxar e compartir.

TARDES CREATIVAS CURSO 13/14

Temos en marcha un programa para as tardes de martes a venres. Ao longo de todo o curso teremos varios obradoiros dirixidos ao alumnado do centro.  A participación en todos os obradoiros será gratuíta, e incluiremos o material necesario para o seu desenvolvemento. HORARIO: de 15:15 horas a 17:15 horas, mentres está aberta a biblioteca.  AFORO LIMITADO A 20 PARTICIPANTES. PRAZO PARA ANOTARSE: Teredes que anotarvos como moi tarde o luns anterior a que se celebre.  Clicando no mes correspondente, teredes a información relativa aos obradoiros dese mes, o formulario de inscripción e a lista dos inscritos, para que saibades se aínda tedes praza. Despois de cubrir o formulario, se queredes enviar a ficha coa autorización podedes descargala desta mesma páxina, e enviala como anexo ao noso correo da biblioteca: cpimondariz.biblioteca@gmail.com. OS OBRADOIROS DE CADA MES OUTUBRO              NOVEMBRO      ...

LIBROS CON ENGANCHE

Tes un libro que che gustou moito e apetéceche compartilo con outras persoas?. Tráeo á escola, engadirase á colección de libros   LIBROS CON ENGANCHE   ,  para que o leven en préstamo outras familias durante o curso e,ó final do mesmo, serache devolto.