Saltar ao contido principal

PROXECTO ETWINNING

Algúns/as alumnos/as do centro iniciaron co profe de AL un intercambio de materiais cos centros Collège Jacques Préver de Les Arcs Sur Argens (Francia) e o ITES R. Piria de Reggio Calabria (Italia)
Co motivo do tema elexido para traballar na biblioteca e en todo o centro “As viaxes”, neste intercambio presentarémonos, compartiremos culturas, xeografía, costumes… Durante o tempo que necesitemos neste curso escolar. Utilizaremos diversas ferramentas TIC.
O alumnado francés son 17 entre 12-14 anos. O alumnado italiano entre 14-19 anos. Ambos son de segundo idioma español, aínda que os franceses presentan problemas como dislexia, TDAH…
Ímos a traballar, viaxar e compartir.




Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ