Temos en marcha un programa para as tardes de martes a venres. Ao longo de todo o curso teremos varios obradoiros dirixidos ao alumnado do centro. A participación en todos os obradoiros será gratuíta, e incluiremos o material necesario para o seu desenvolvemento.
HORARIO: de 15:15 horas a 17:15 horas, mentres está aberta a biblioteca.
AFORO LIMITADO A 20 PARTICIPANTES.
PRAZO PARA ANOTARSE: Teredes que anotarvos como moi tarde o luns anterior a que se celebre.
Clicando no mes correspondente, teredes a información relativa aos obradoiros dese mes, o formulario de inscripción e a lista dos inscritos, para que saibades se aínda tedes praza.
Despois de cubrir o formulario, se queredes enviar a ficha coa autorización podedes descargala desta mesma páxina, e enviala como anexo ao noso correo da biblioteca: cpimondariz.biblioteca@gmail.com.
OS OBRADOIROS DE CADA MES