mellor biblioteca 2014

A Axencia Danesa para a Cultura, co patrocinio da empresa Systematic, convocou o premio "Systematic - Public Library of the year Award", dirixida a bibliotecas municipais. A iniciativa busca centros novos, construidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e 15 de xuño de 2015, e basará a elección da biblioteca gañadora nos seguientes criterios: espazos de lectura, dixitalización, flexibilidade, interacción co entorno, calidade arquitectónica e integración coa cultura local.

A nosa biblioteca, ao ser escolar, non pode aspirar a este premio, que seguro que gañabamos, pero vale a pena ver a biblioteca gañadora do 2014. Está en Australia, concretamente en Victoria, a pouco de Melburne, e a súa web está en inglés; pero permite unha visita virtual polo seu interior, extenso e de dous pisos.

Pincha na imaxe e levarate ata ela

http://www.humelibraries.vic.gov.au/Locations_Hours/Libraries/Craigieburn_Library