Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Reto lector decembro

Todo chega ao seu fina: o ano, o outono, o noso Reto. Para esta ocasión terás que elexir entre: POESÍA TEATRO
  QUE É UNHA LIBRARÍA PARA TI?      No día das librarías os alumnos de 4º da ESO déronnos a súa visión das librarías...Cal é a túa...?
LENDAS CONTADAS      Os rapaces de 6ºA como tarefa de iniciación  á  narración oral tiveron  que gravarse,  seguindo o lema que nos acompañará durante todo este curso (Camiño de lendas),  contando algunhas das lendas recollidas neste libro. O traballo final queren compartilo conosco. Xa nos dixeron que seguirán compartindo os seus traballos e anímanvos a que nos traiades vós tamén contos,lendas,historias...

Reto Lector novembro

En novembro chega o masgosto, os cogomelos, caen as follas, etc. Certa nostalxia e recordo nos leva a elexir entre Greg, Nikky, Lalana, Fdez. Paz, Kalandraka. Unha total mistura de protagonistas. autores, editorial... Xa queda menos para rematarmos o noso reto. Sorte!
LECTURAS DE MEDO Bruxas,pantasmas,vampiros,...son os protagonistas destas lecturas... Atréveste con elas? Pasa un fin de semana de medoooooooooo e esperta a túa imaxinación!  

Reto lector outubro

Este mes de outubro pensamos que todos os nenos e nenas, por ter pasado o confinamento, merecen un premio. Entón o noso reto do mes é ler un libro que levara un premio. Hay moitos premios: Merlín, Nobel, Pulitzer, etc Tan só terás que documentarte sabendo que premio levou un libro. Pide axuda á biblioteca se a precisas.

Reto lector setembro

Que tal o levastes este parón de verán? Comezamos o curso cun libro para o noso reto lector, levado ao cine. Cal te pides? Harry Potter? Pocoyó? Walking Dead? Geronimo? Cóntanos.

Reto lector agosto

Como o mes pasado, queremos saber como levades o reto lector. Neste caso tedes que pensar un pouco e ler un libro no cal a letra do autor ou autora coicida coa primeira do meu nome ou do meu apelido. Por exemplo o profe A arón pode ler un de Paul  A ster; Se me chamo L orenzo podo ler a L orca; e se me apelido R odríguez a John  R onald Reuel Tolkien

Carné Galicia Le

Bo verán. Se collestes libros por Galicia durante o confinamento tedes ate o día 21

Reto lector xullo

Para refrescarnos este mes, un libro wue como xa dixemos "nos refresque este verán" Aída que non esteamos no cole, podedes seguir escribindo que seguiremos respondendo.

Despedida do curso

O curso rematou e non puidemos nin decirvos adeus. Esperamos que pasedes un verán o que mellor se poida, e recordarvos que sigades atentos ao blog, e ao noso Reto Lector, que seguirá cada mes do ano. O equipo da biblioteca deséxavos que pasedes un bo verán. imaxe de  https://gifsanimados.de

Adeus a Zafón

Este curso que rematou tan raro, ademais de tódalas vítimas da COVID-19 tamén nos deixou (iso si, por  cancro), Carlos Ruiz Zafón, aos seus 55 anos D.E.P   Quen non leu algunha novela deste autor? Comparte connosco as novelas que liches.

Lecturas día dos océanos

Para conmemorar esta efeméride, aconsellamos uns libriños coa temática do océano: Infantil e Primeiros Lectores   https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/cuentos-infantiles/cuentos-cortos-para-ninos-sobre-el-mar-y-el-oceano/ Lectores intermedios        Avanzados e ESO           Adultas.    Sacados de  http://bega-elbe2.edu.xunta.es/ Comentade se ledes algún ou outro da mesma temática.

Superamos as 10 000 visitas

Moitas grazas a todos e todas. No mes de maio alcanzamos a non tan sinxela cifra de dez mil visitas, e no que vai de xuño 200. Convidamos a que participedes respondendo en entradas, e a que vos subscribades para que vos salten as novas. E esperamos vernos de novo e que sigan voando os libros        

Reto lector xuño

En xuño comeza a rematar o curso escolar, e que mellor maneira de facelo con un cómic. Non hai límite: Astérix, Pitufos, Penélope, Mortadelo y Filemón, manga. Envíanos cal les nos comentarios do blog, por e-mail ou formulario de contacto. Tamén se queredes, compartimos unhas aplicacións coas que podedes realizar comic. Se te atreves envíanos a túa creación. Pixton : Storyboard : Bookcreator :

Conto para o Día das Letras Galegas 2020

Que teñades un bo día das Letras Galegas! A nosa alumna Ylenia de 2º de primaria, comparte con nós este conto representado: "o casasmento do piollo e da pulga". E como agradecemento queremos compartilo. Esta nena é unha atista, e témoslle que agradecer tanto a ela como á súa familia o labor realizado.

Queres ler un xornal?

Boa tarde, Apetécevos ler un xornal? pois nesta páxina podedes acceder a moitos dos que hai en España, filtrando autonomías, e incluso acceder a xornais estranxeiros. Están en formato dixital.

Reto lector maio

Como ides co reto lector? Non me digades que non se pode facer o reto neste período. Lembrade que podedes ler todos os atrasados. Agardamos os vosos correos informándonos sobre as vosas lecturas. Podedes comentar nas entradas do diario, ou mandar algo no formulario de contacto. Tamén compartir o que queirades no enderezo cpimondariz.biblioteca@gmail.com Este mes de maio, toca tal e como tpropuxemos no seu momento, que había que ler un libro recomendado por un amigo ou amiga. Animádevos. Se nos enviades consellos lectores personalizados podemos ler uns a outro. Só tedes que escribir e poñer quen sodes, o curso, e o libro que lle aconsellades a alguén.

tómbola de libros

Estamos de tómbola, e sorteamos todos os libros que hai neste arquivo.  Só tes que elixir o que queres e o podes ler e descargar. Esperamos que o dsifrutedes

Día do libro 2020

DÍA DO LIBRO O día 23 de abril conmemoramos o día do libro, e para tal evento achegamos unhas actividades segundo as idades. Achegamos arquivos con propostas e enlaces. Están colocados por orde de dificultade-idade: Marcapáxinas (adxuntos) para os máis cativos https://drive.google.com/file/d/1dKvhfWQ-R7ZZm-tYYM1MEA4pM-1lXEXw/view?usp=sharing  Arquivos de manualidade https://drive.google.com/file/d/1MVjJz_twFSZjfMxbTHMAgQGqcZIEQxon/view?usp=sharing Facer un pequeno libro de papel: https://www.youtube.com/watch?v=UtvLfTN8HVU Libro mini acordeón: https://youtu.be/-vWnMq1Dubc Marcapáxinas dun Can https://www.youtube.com/watch?v=yopoOfGV0X4 Para todos e todas e sen necesidade de rexistro hai un taboleiro para engadir as vosas lecturas feitas, en marcha, imaxes, etc. Non esquezades poñer quen sodes e curso. http://linoit.com/users/ariberna012/canvases/D%C3%ADa%20do%20libro%202020 * imaxe de pinterest

Reto lector abril

Aínda neste confinamento, continuamos co noso reto lector. Este mes toca ler un libro dunha biografía interesante:. Elixe unha muller, un heroe, un artista, etc.  

Reto lector marzo

Bo inicio do mes, alumnado, Queriamos recordarvos o reto lector deste mes, que consiste en ler un libro cunha protagonista feminina. Se te achegas á biblioteca tes unha boa exposición de libros sobre feminismo e mulleres no tempo, e senón sempre tedes os clásicos Ana Frank, A bela e a bestia, todo o que sexa para recordarmos a figura feminina.

Reto lector febreiro

Chegamos ao  mes de febreiro e con isto o noso segundo libro do noso Reto Lector do CPI de Mondariz. Neste caso temos que ler un libro que fale de temática sobre a natureza ou a arte.  

Reto lector-Xaneiro

No mes de xaneiro tes que ler un libro no que a súa portada teña un animal. Exemplos:     Responde a este email coa túa lectura, ou difunde en twitter ou instagram co cancelo #RetoLector2020CPIdeMondariz

Reto lector 2020

Presentámosvos un reto lector para este ano 2020. Consiste en que cada mes tes que ler un libro dos que recomendamos. Ti elixes cal. Non hai porqué facer cada mes un, podes adiantar ou acumular, pero tes que ter todo lído para o Nadal do 2020. Anímaste? Podedes copiar o cartaz e ir anotando os libros que ledes, ou ir respondendo ás entradas que poñamos mes a mes, etc.