Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2024

CONCURSO AS CRUZADAS DO LABORATORIO E LECTURAS RECOMENDADAS MES DA CIENCIA

 

DÍA DE ROSALÍA

 O mural é un caligrama feito por todo o centro.  Mostramos o proceso ata rematar o mural.

CL Misterio para adultos. 2ºT

   22/1/24 Aquí estamos de novo para dar a coñecer as nosas impresións do novo grupo. A experiencia de compartir mesa entre profesorado e familias para tratar outros temas que non son os profesionais sempre é positiva, pois todas/os vimos co noso bagaxe, e a conversa convértese nunha serie de impresións dende diferentes lugares. O bo das lecturas conxuntas e as bagaxes é que a conversa ramifícase, crece, e as pólas ás que chegamos son impredicibles. O libro, en xeral, gustou máis ca o anterior do mesmo autor con Leo Caldas como protagonista, pois o argumento semellaba moito máis elaborado. Comentouse que foi unha lectura sinxela e entretida á par, que mantiña o misterio ata o final do libro, se ben os personaxes, comentou un dos integrantes, son arquetípicos e sen moita diversidade. Tras esta lectura, só nos queda un dos libros protagonizados por Leo Caldas. Será a primeira lectura do curso que vén? O final da reunión dedicámolo a facer diferentes propostas para o segundo trim...

LECTURA FÁCIL

Un dos obxectivos do equipo da biblioteca é facer  da biblioteca un espazo inclusivo. Incorporamos libros adaptados a LECTURA FÁCIL derribar as barreiras que impiden ler sen dificultade.

NOVIDADES DE FEBREIRO

I  

CONCURSO ATOPA AS RESPOSTAS SELO CÓDIGO QR

O a lumnado de Primaria ten a tarefa de atopar as respostas a unhas cuestions moi importantes. No expositor da entrada están as cuestións e o código QR. O alumnado ten que buscar as respostas nos libros dos códigos QR  

FORMACIÓN CONTRA A DESINFORMACIÓN

Na HORA DE LER  do 31 de xaneiro adicouse a Formación contra a Desinformación. O alumnado de 2º ESO realizou a actividade na biblioteca. 

30 XANEIRO

 O Día da Paz organizamos no centro unha performance tomando como referencia ó artista español ANTONI MIRALDA . O alumnado de 2ºESO  có profesor de Educación Física realizaron uns exercicios de acrosport formando as figuras dun tanque e dunha pomba. O coro de Primaria colaborou cantando a canción "Vou cambiar o mundo".O alumnado de Infantil e Primaria fixeron unha actuación chamada "O baile da Paz". Tamén fixemos un mural a cargo do alumnado voluntario de Primaria. Na entrada hai unha exposición de libros relacionados coa a temática da Paz e a non violencia.